a política mal entendida
Nunca entendín, de verdade, o que significa - nacionalismo. Entendo, que cada quen defenda, queira e lle pareza o mellor lugar do mundo, aquel onde naceu. Ata podio entender, porque me ocorre, que escoitar o son dunha gaita, un chisto ou unha sardana, nos poña pel de galiña a galegos, vascos ou cataláns. Pero creo, que a calquera dos nacidos nestas comunidades, cando escoitamos o himno nacional lonxe de España, nos ocorre o mesmo.
Ninguén pode obviar a personalidade dos pobos, no caso de Galicia, sería obviar a propia identidade, a os compoñentes da santa compaña que Castelao nos presenta na súa -Alba de gloria. É por iso, que entendemos ós pobos que defenden o seu. O que me custa entender é, que dentro deste país, haxa alguén que fale de independencia, de separación.
De todos modos, e da maneira que temos deseñadas as autonomías, creo que é o pobo galego, o que menos conciencia ten da súa identidade, e menos sentido da oportunidade, digo isto, pensando no derradeiro debate sobre os presupostos do estado, onde a falta de dous deputados mais nos deixa só a oportunidade da retórica. Mentres os vascos arranxan as súas contas có apoio ó goberno, os cataláns o seu estatuto- que non é mais ca diñeiro- os galegos ca nosa teima nacional, imos perdendo oportunidades, e seguimos formando parte da España mais rica en pobres.
Creo, que dous deputados mais no BNG, nos axudaría a, por o menos, estar á altura económica dos demais pobos de España, pero qué galego pertencendo ó SOE, e menos ó PP, cambiará o seu voto en favor de Galicia? Quén cando vota ó alcalde pensa mais no pobo ca na súa idea política?




TERESA santomil gonzalez dijo
Tes toda a razon do mundo Queixa, eu tan pouco entendin
nunca estas cousas, e como entrar na via do disparate
Asta me parexe de xente que non ten miyor cousa que facer
anda que non temos penas, para botarnos outras cousas encima
bicos como sempre amigo
26 Octubre 2009 | 02:26 PM