as cores da vida
Como papel en branco son as nosas vidas. Un blog, onde as fadas do tempo van escribindo en cores a nosa historia con números. Cores brancos, cheos de ilusión na nenez. Cores de futuro, de fábulas soñadas a carón do príncipe mais valente, da princesa mais fermosa. Brancos espazos esperando ser enchidos por a pluma do tempo.
Cores de esperanza na mocidade, de fermoso verde claro ante un mundo onde a felicidade é, a meta a conseguir. Un mundo por descubrir, amores que dan vida, futuro incerto. Cores claros de ilusión ante o fermoso regalo de novas vidas, ¡pequenos e adorables seres! Fillos que traen descoñecidos retos, novas perspectivas, novos horizontes, novos sonos.
Grises claros, cando os fillos comezan a ser o teu reflexo, o espello onde te sentes identificado. Tempo de transición, de outono nas nosas vidas, de vivir ilusións e fracasos alleos.
Escuros grises, enchen as derradeiras follas do noso blog, cando é chegado o tempo do reconto, do balance final. ¡Variados e cambiantes cores ó longo de sesenta e catro anos! Lonxe quedan as ilusións do descoñecido! Lonxe, os sonos dunha meta que semellaba posible. Cores grises de calma, de ver como blogs en branco se abren cada día. Feliz de ter chegado á difícil meta.
