as nosas señorias
Longas noites de insomnio esperan ás nosas señorías, de medrosos pesadelos ante o incerto futuro dunha excomunión, ou a sensata tarefa de aprobar a nova lei sobre o aborto. Sobre as súas privilexiadas cabezas pende a terrible espada bíblica. Retorna ós seus comezos a santa nai da man dos novos iluminados. Das novas cabezas pensantes que ante o medo de perder privilexios, reaccionan utilizando a única arma que noutrora deu os seus froitos- o medo- esa arma poderosa que levaba á queima a cantos ousaban enfrontarse ó poder.
Lonxe nos parecían os tempos da inquisición, pero ó parecer, todo é cíclico, todo retorna ó seu. As sete bacas fracas que Xosué prognosticaba noutrora, estanse manifestando neste intre. Esperemos que non retorne a maldición do xofre fervendo, aquel que soterrou a Sodoma e Gomorra. Esperemos, que estes iluminados acaden mellor negociación, en chegando o caso, que a que tivo Abraham, que utilicen ese poder que ó parecer teñen, pra salvarnos da queima, no caso de que aínda quede un bo na terra.
Espero, que despois do famoso catecismo mais a actual excomunión, non queiran, aproveitando a coiuntura, impoñer novamente os -diezmos- mais as -bulas, porque ó paso que imos, rematarán esixindo o dereito de -pernada, sempre, no nome de deus.
