A branca néboa, escribía na paisaxe o seu húmido alento arrincado dos regatos da montaña. Augas brancas con sabor a natureza que alzan o seu bruar como berróns en celo. Días de outono, de vento desatado e auga a fartar. Planeta de contrastes.
Bule o lume na lareira ó son do vento. Ti mais eu, un mundo de silencio. Vate con forza o vento nas árbores, zoa o eco na fraga de San Cristovo. Levanto a vista do libro que estou a ler, e rumio as palabras tráxicas que Rosa Aneiros me vai contando en -Sol de inverno. Ti, sorrís imbuída nos teus pensamentos. ¡ quén sabe en que lugar están!
As oras parecen iguais, a choiva cae con forza. Pensamentos que nos levan a vivir varias veces os mesmos momentos. Oras que marcaron as nosas vidas de por vida. A primeira comuñón, o primeiro contacto dos beizos ca persoa amada, o nacemento dos fillos, a responsabilidade de novas vidas, o medo ó incerto futuro. Quizá ese sorriso sexa froito dos mesmos recordos, quizá estea abrandando co tempo, pero sabes, pode que este momento sexa mañá un fermoso recordo. ¡quén sabe!

que bonito! ata vos podo imaxinar sin ningun esforzo.
un abarazo
Un abrazo tamen pra ti ALGUEN. Gústame que non te esquezas deste lugar.
Estaba vendo os últimos posts dos meus "amigos" de "La coctelera" e topeime entre eles con este texto. Chamoume a atención porque non te tiña agregado/a (non sei se eres mozo ou moza) e decidinme visitarte.
Gran beleza ten este texto onde sacas boa parte da esencia galega nestes días de outono. Alegrome de pasar por aquí.
Saudos:
Borjaa
PD: Engadote aos meus "amigos", espero que non che importe.