Espasa, pobo de Queixa
SOMALIA
Cando se pensa en Somalia, ninguén pensa nos seus mortos inocentes, ós que sen querer se viron asexados dos francotiradores, das balas que esperan atopar a diana inocente. O consello dos ministros europeos, non pensa na fame que fai saír do lugar seguro ós inocentes, pensa, en defender ós votantes que se poden perder se seguen apreixando barcos.
Deciden gastar o diñeiro que compra alimentos, en formar militares do país pra que os defendan. Gastar en mais balas, deixar que a xustiza siga cos ollos vendados. O mundo, segue un camiño distinto ó lóxico, ó que calquera persoa normal seguiría, por unha razón, -porque a lóxica foise perdendo no camiño da avaricia.
Avaros, os podentes armadores, que dende lugar seguro mandan traballadores a pescar en augas que non lles pertencen, que non pagaron nin pediron permiso pra pescar, ¡se non hai goberno, aproveitemos a ocasión! Cando sae mal, a culpa é do goberno do seu país, se sae ben, é diñeiro poderoso. Diñeiro, que non axuda ós inocentes que cada seis segundos perden a vida por culpa da dura enfermidade- a fame.
Avaricia, que un día tornará ó principio- a famosa cadea que nos vai apreixando ata rematar en nos. Tornaremos ó principio, cando non teña fácil solución, cando a fame traia ata nos ós inocentes que esquilmamos, e reclamen o seu deito a existir.

Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados