o pecado da razón
Cando deus fixo o reparto da razón, fóiselle a man na medida. Tan grande foi a fartura, que nos deixou cheos de razón pra o resto das nosas vidas. Tiñan razón, tódolos -Francos -da historia cando masacraban inocentes en Guernica, en Arxentina, México ou Irán. Cheos estaban dela os inquisidores mais belixerantes, ata os piratas ten a súa razón. Tal foi a enchente, que chegaron moréas de razóns ata os nosos días.
Ten razón o goberno cando defende o seu modelo enerxético, de defensa, institucional ou económico. Ten razón a oposición cando critica calquera cousa que o goberno faga, ou non faga. Ten razón, porque ata eu que teño a miña razón, penso que todo é mellorable.
Agora o problema que se nos presenta é, a quen crer se todos temos razón, como separar unha razón interesada e partidista, doutra razón ó servizo da maioría dos cidadáns. Vendo o espectáculo que se está a dar co apreixamento e liberación do pesqueiro Alacrana, creo que mais ca un regalo ó momento das dávidas, o que pretendeu o Señor, foi castigarnos cun novo pecado que confundise mais, se cabe, a este babel de razóns.
