Días atrás, falabamos dun caso que nos horrorizaba a todos, o caso dunha nena de tres anos que era morta por malos tratos. A primeira noticia falaba de abusos sexuais e multitude de traumatismos que a levaran a un estado de coma profundo. Eu, e supoño que moitos cidadáns deste país, sentimos esa rabia que da a impotencia, algúns, eu entre eles, escribín sobre o caso intentando denuncialo, dalo a coñecer, pra que si era posible, castigar ó culpable, neste caso ó pai, ou compañeiro da nai, e que non volvera a ocorrer unha barbaridade semellante.

No día de hoxe, sae á luz unha noticia ben diferente:  a pobre nena morreu a causa dun golpe derivado da caída dun columbio. ¡pobre pai! Canto debeu sufrir a perda da súa nena, da inxustiza que estaban a cometer ca súas persoa, da impotencia do cárcere, e todo, por a precipitación dun médico, e do ensañamento duns medios de comunicación famentos de sangue, ¡pobre do que caia nas súas mans!

E agora qué? Quén lle volverá o crédito despois de percorrer toda a xeografía e parte do estranxeiro?  Polo que a min toca, pido humildemente perdón, e prometo pensalo dúas veces antes de facer caso de calquera noticia, de calquera cousa radiada, escrita ou televisiva  que se diga neste país. Sempre é desgraza unha morte, mais cando se trata dun cativo, pero tamén é desgraza non poder confiar nos nosos medios de comunicación.