a boltas coa memoria
Non é a memoria histórica a que nos doe, a que empurra unha bagoa de rabia contida, a que roe nas entrañas cando aparece o pasado, cando o silencio se converte en recordo, non, non é o nome do titular o importante. O que roe unha e outra vez é, a memoria.
Cando pasen os anos, cando a memoria durma o sono da paz, deixará de turrar no peito a rabia, durmirá o recordo dunha guerra cruel, non da guerra dos frontes ateigada de gritos, de balas e arámeos de espiño, de heroes e heroínas, senón, da guerra dos rancores, dos paseos na noite, dos gritos agochados por o medo, da xenreira desatada. De canto malo hai agochado na miseria humana.
Esa memoria que recorda os domingos de misa imposta, de sermón apaixonado en favor dos ganadores, de miradas inquisitivas, de traxes manchados de sangue amiga. Esa memoria que perdoa pero non esquece. Quén pode prender á memoria! Quén esquecer un exilio forzado, quen esquecer aquel avó, tío ou pai enterrado no monte por defender ca palabra o que consideraba xusto. Non, non é a historia con ou sen memoria, a que ten que saír á luz, é a verdade, esa verdade que estivo agochada por o poder da forza.
Claro que non existen bandos bos e malos, a maldade non ten signo político, agóchase en tódolos estamentos sociais, pero mentres uns mortos foron chorados en publico baixo o signo da cruz, outros foron chorados en segredo por medo as represalias, e iso non se pode borrar da memoria.



TERESA santomil gonzalez dijo
HOLA QUEIXA, ME ABURREN YA TODAS LAS MEMORIAS
MENOS LA MEMORIA DE LOS AMIGOS
Y ADEMAS DE SALUDARTE, APROBECHO PARA DESEARTE
FELICES PASCUAS
1 Diciembre 2009 | 03:30 PM