Publicidad:
Terra
La Coctelera

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

EN CADA NOITE DE TORMENTA LATE UN FERMOSO AMENCER

9 Diciembre 2009

BO NADAL

 

Gustaríame, que estas datas de finxida alegría, de campas e cores vermellos  onde todo parece convidar á paz, non fose unha artimaña mais deste mercado sen alma.

Gustaríame, que esas  palabras de paz ( urbi et orbi ) pronunciadas por a cabeza visible da poderosa igrexa católica, non fosen o froito dunha ancestral costume cristiá.

Gustaríame, que esa carteira que se abre nestas datas pra mercar eses galanos que espertarán ilusións, non só no que os recibe, senón tamén no que os dá, non se pechara o resto do ano ó momento de axudar ós que menos ten.

Gustaríame, que nesas ceas de empresa onde se pretende redimir a inxustiza dun ano, permanecese aberta a porta ó diálogo, ó entendemento, á esa igualdade tan compartida cando somos espectadores.

Gustaríame que por unha vez, este deus que nace espido cada ano, que coñece a alma humana e a súa miseria, que sabe de sufrimentos e desterros, non esqueza ós que aínda neste século carecen de nación propia, ós que foron desterrados á forza do seu lugar de nacemento. Que non se empanen estas festas coa morte dunha persoa que pide xustiza, dunha Saharauí que tamén é nai.   

Gustaríame a pesar de todo, que estas datas fosen cheas de felicidade pra todos, en especial, para tódolos que neste ano pasaron por este lugar deixando a súa reflexión, a crítica ou esa palabra amiga que tanto nos gusta, a todos eles.  FELICES FESTAS DE NADAL 

servido por queixa 3 comentarios compártelo

3 comentarios · Escribe aquí tu comentario

alguen

alguen dijo

intentemos conservar durante o resto do ano ises sentimentos de solidaridade e paz tipicos do nadal, e sobre todo sigamos conversando, reflexionando e compartindo bos momentos.

un abrazo e bo nadal!!!!!!!!!!!!!!

10 Diciembre 2009 | 06:44 PM

queixa

queixa dijo

Outro abrazo ALGUEN, bo Nadal para todos.

10 Diciembre 2009 | 07:22 PM

a nena

a nena dijo

a min tamén :) feliz ano enteiro!!

11 Enero 2010 | 02:22 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de queixa

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

ver perfil »
contacto »

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera