É a esperanza, ese pivote onde os humanos suxeitamos a nosa fraxilidade. Sempre é tempo de esperanza, de seguir loitando por aquilo que desexamos, (aínda que non sexa posible,) porque a esperanza debe ser o derradeiro que nos abandone.
É a esperanza nos pobres, a táboa de salvación, o pau onde suxeitar a falsa seguridade. Esperanza, de atopar un traballo onde sexa recoñecida a nosa valía. De que un día se fagan tanxibles os dereitos humanos, de tódolos humanos.
Esperanza de que cada novo Nadal, sexa un paso mais cara a solidariedade ben entendida, a baseada na xustiza. De que as fermosas palabras de felicidade que cada ano utilizamos cos demais, non sexan baleiras, que as sintamos de verdade.
Esperanza, en que cada membro desta sociedade, recoñeza e defenda os dereitos alleos igual ca os seus. Que sexan os nosos actos coherentes coas nosas palabras. Que sexamos co-responsables na defensa da natureza.
Esperanza, de que os reis magos nos concedan o milagre de ver rematada esta residencia de persoas maiores. Milagre, que cada día albiscamos mais lonxano.

si se remata esa obra eterna coido que o milagre de tan grande fara que os demais milagres semellen pequenos. haberá que facer tamen unha ermita porque virán fieles en peregrinación de todos os lugares, e daquela habian de ter que facer unha carretera como dios manda.... uy xa vai ser moito milagre de dios
Certo ALGUEN,cando os milagres acarrexan mais incovenientes ca ventaxes, mellor deixámolos. Eu penso pedírllelo aos reis magos, ele saberán que facer.
Un bico
Hola!
O primeiro que me chamou a atención do teu post de hoxe é esa foto que lle puxeches e o feito e pensei... cómo canta ese edificio de tres plantas na serra e rodeado de casas! lonxe desto si que é desconfortante que pasen ós días e os meses, supoño pois demomento non é o meu caso aínda que unha parte de min o desexe( pola merda de traballo que teño),da situación en que está hoxe en día o traballo.
Familias que non poden pagar o préstamo e se ven co tempo na rúa e me pregunto como será o seu devir estes días tan de solidariedade din, a verdade é que espero que a situación cambie dunha vez, pois me entristece ver xente que teñen o seu coche por casa e non poden facer nada, e non é xente como estabamos acostumados a ver senón xente de clase media. Tamén lles desexo esperanza e sobre todo fago un chamamento para quen ten a tixola polo mango fagan algo dunha vez por todas!
Bicos Queixa e aínda que todavia queda tempo que pases unhas boas festas!
Hola MARIA RODRÍGUEZ. Este (mamotreto) leva así dez anos, cando hai elecións dáselle un pequeno empurrón porque o alcalde, cada catro anos promete rematalo, (leva dezaoito anos no asento) é membro da deputación, e por a velocidade que leva a obra, pode que os meus fillos chegen a utilizar este servicio, ou non.
É nestes momentos difíciles cando non se pode perder a esperanza, porque a algunha xente é o único que lle queda.
Comeza a notarse algún movemento na crase obreira contra os abusos que se están a dar. Mañá hai varias manifestacións que espero teñan algunha repercusión positiva.
Gracias por iste comentario e boas festas.