Publicidad:
Terra
La Coctelera

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

EN CADA NOITE DE TORMENTA LATE UN FERMOSO AMENCER

12 Diciembre 2009

o tempo

 

 

Como corre, como nos vai levando da man o tempo. Onte era verán, quentaba o sol na terraza, as árbores estreaban o verde traxe. Alguén dixo de pasada: mañá será Nadal: parecía lonxano, case inalcanzable, e agora aquí estamos, na metade de decembro. Séntese o Nadal, séntese ese renacer dun novo ano, un mais que pasa a engrosar ós xa abondosos. Qué lonxe queda a xuventude e que cerca! Todo foi onte na miña cabeza. Os recordos viven en nos, son parte da vida.

Mañá será verán, colgará o froito das árbores,   un novo Nadal petará na porta, e un novo ano pesará nas costas.  ¡Que fermoso recordar! Volver a vivir os mellores momentos, ás veces mais fermosos ca realidade. Será isto a vida? Será esta a ensinanza que miña aboa me dicía de cativo?  ¡a vida te ensinará!  Algo aprendín, que non hai que desesperar, que todo chega, que cada día que pasa, é un menos do cupo que se nos ten asignado, que non se debe facer caso do que digan os maiores sobre o tempo, porque o tempo so ten sentido si  se vive.

Nada se move- parece, pero todo cambia. Cambia o entorno, cambia o mundo mais a forma de pensar, ata o ollo que o mira cambia. Nada e o que era nin será o que foi, nada volve do pasado, nada se repite excepto os días  que van marcando o tempo. Ás veces o bosque non nos deixa ver as árbores. Vemos o mundo como quen mira o bosque. Poucos nos paramos en ver transcorrer o tempo, pasa, e unha vez que pasou, dámonos conta do que perdemos. As presas son o bosque que non deixan ver os días, as oras, os minutos. Todo está calculado, pero o tempo sigue, pasa.

 

     

 

servido por queixa sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de queixa

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

ver perfil »
contacto »

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera