fermoso planeta
Todos lle temen, todos coñecen os resultados catastróficos do cambio climático, pero todos esperan que sexa o veciño o que se molle. Un novo cumio con novas propostas, con novos persoeiros, pero có mesmo resultado de momento. Quizá necesitemos mais probas, algo que destrúa ou poña en risco intereses importantes, para que se tome conciencia do que significa un grao de subida na temperatura mundial.
Extraña raza a nosa. Capaz de crear as obras mais fermosas, de xerar os mellores sentimentos, de ofrecer o mellor de nos en favor dos demais. Capaz, de torturar aos semellantes, de aproveitarse da situación allea para incrementar os haberes, de quitar a vida ás que dan vida, de coidar as flores mais fermosas, de inventar a bomba mais poderosa ou destruír o propio entorno, o medio do que depende a nosa supervivencia.
Alporizámonos ante a retirada dun símbolo en forma de cruz, dunha lei que ofrece a posibilidade de regular a nacenza doutra vida, nun mundo onde cada seis segundo morre un humano coa falta de alimento, capaces de matar por unha idea que os demais non comparten. Quizá ese deus que inventamos,sexa froito da necesidade de redimir todo o malo que hai en nos. Quizá, cando sexamos conscientes do dano que estamos causando no entorno por querer un ritmo de vida imposible, comprendamos o alcance do dano irreversible que estamos a facer no noso planeta.
Oxalá que esta vez, con esta nova xeración de mandatarios mais comprometidos, se alcance ese compromiso tan necesario, para diminuír no posible esta boráxine que parece non ter fin.

Desta volta non consigo ver o lado positivo desas xuntanzas. Tiran co diñeiro dos presupostos estatais para decir e escoitar bonitas verbas sobre como destruimos o planeta, pero cando os mandamáis chegan os seus países atópanse coa realidade: xigantes internacionais que xogan co mundo ante os ollos pechados dos políticos de turno.
Mandatarios comprometidos que co nobel da paz nas mans falan da necesidade das guerras... en fin.
Bikiños
Como ben dicía a nosa veciña: é así a vida e non hai que lle facer: tiña a súa parte de razón. Eu sigo esperando que tanto China como EU asuman parte da súa responsabilidade, aínda que os paises como España paguen mais por menos. Á largo prazo ben merecerá a pena.
Abrígate que seica ven a cambio climático en forma de frio.
Bicos
Non te preocupes, eses países van a asumir o que faga falta... que fagan outra cousa xa é outro cantar.
Por certo esas son as setas que decía Groucho Marx que soamente se comían unha vez, non si? Dende logo que é un bonito planeta.
Bikiños