Tódalas grandes civilizacións, comezaron cun interese común, a supervivencia, a defensa compartida ante un perigo ou a falta de alimento, foron a unión mais forte entre humanos. Á medida que se foron resolvendo os problemas iniciais, que se garantiu o básico e comezou a converterse en pracer, comezaron as conquistas de poder, as intrigas palaciegas e as promulgacións das leis básicas, comezou, o imparable ascenso cara ó cumio, aquel que as levaría ás maiores barbaridades e irremediablemente ó descenso e a propia destrución.

Nos, estamos chegando a ese cumio, pasamos do racional ó superlativo en tódolos campos; na economía, explotando ó máximo a terra, sacando o máximo produto de forma esaxerada, creando un mercado de intereses e esquecendo á propia terra e os que nela traballan. Na industria, buscando sempre o máximo, o mais alá, esquecendo o dano que poidamos facer ó noso planeta. No comercio, facendo grandes áreas comerciais onde o luxo desprace a calquera outra consideración.

Chegamos á irracionalidade total, onde a volta a tras so pode ser traumática. Pasamos de converter un momento de gloria, da euforia dunha liberdade que nos unía a todos, á utilización da mesma para irnos separando, radicalizando mais e mais ata pedir a separación. A necesidade de unirnos contra a tiranía, unha vez libres, lévanos á confrontación idiomática, política ou relixiosa,  atopamos todo canto nos separa para facer patente a condición humana.

Non é lóxico que a vontade  dunha persoa, moi respectable ela e todo o que representa, se converta nun movemento supranacional e estea dando a imaxe dun goberno, o noso, como culpable de tódolos males ocorridos hai trinta anos. Non é lóxico, que  nun momento de crise se estea debatendo e convertendo no centro de atención, touros si, touros non. Non é lóxico que sabendo como sabemos as consecuencias do cambio climático, se estea nun debate mundial de intereses, de poderes é alianzas, deixando de lado o verdadeiramente importante, e non o é, que a xente que intenta presionar ós mandatarios que nos mesmos eliximos, sexan os que reciben as malleiras de man dos que deberían protexelos, non é xusto.

Comezamos, a superar ese límite que outras civilizacións superaron e que as levou ó caos. Comezamos a esquecer a racionalidade a sabendas, comezamos a converternos na cabra do refrán, que segundo se di, co exceso de vicio, comezou a dar cos cornos no cu, no seu propio cu.