As democracias son, o novo invento político pra xustificar os abusos. No nome das democracias, esa forma de goberno que debería defender os intereses de todos, en especial o das minorías mais necesitadas,estanse a cometer as maiores inxustizas. Están as democracias, a se converter nunha (famocracia)  onde os famosos dirixentes se converten en ditadores absolutos.  De non ser así, de ser o pobo o soberano real, ante a cantidade de manifestacións en todo o mundo a favor dunha loita eficaz e coa colaboración de todos contra o cambio climático, e non dando resposta os  actuais dirixentes, o xusto sería dimitir todos á unha e deixar paso a outra xeración.

Poucas son as veces en que esa masa soberana, consegue dobregar ó poder dos mandatarios de non ser á forza bruta. Conseguiron os rusos desfacerse do absolutismo zarista derramando sangue inocente. Os franceses houberon saír ás rúas coas armas na man pra rematar cos reinados abusadores da vella Europa. Así en case que tódolos países do mundo. Poucas veces son as que os mandatarios postos por a democracia, deixan o posto cando unha maioría llo demanda. Fanse enquisas para saber o grao de aceptación do mandatario de turno, pero aínda que sexan contrarias á maioría. Rara vez deixan o asento por as boas.

Se non somos capaces de pornos de acordo ante algo tal global como é,   o quentamento da terra, algo co que todos estamos comprometidos, penso que é urxente poñer ás mellores cabezas a traballar en busca dunha nova fórmula política, algo que dea resposta ás demandas cidadáns. Nos, "o pobo soberano", somos  os reis dun día cada catro anos, o resto do tempo traballamos, eles traballan un só día e descansan catro anos con dereito a paro perpetuo, algo inxusto sendo nos os soberanos, creo. Non sei cal sería a nova fórmula, ó mellor nin existe, pero por probar..