cuestión de sorte
onde se agochan as meigas
Perder e ganar, así é o xogo da vida. En cada movemento que facemos estamos arriscando. A vida ao igual que nunha partida de damas, conta o factor sorte, non só a sorte, pero tamén, porque moitas veces a nosa sorte non depende soamente de nos, senón, dos movementos alleos.
Imaxinádevos que mañá, día da lotería nacional, o bombo onde a bola con ese número que ti tes comeza a xirar, é xira é xira ata que a túa sorte a leva á porta de saída, ¿qué podes facer ti, ou eu para que isto ocorra? Nada, dependemos case por enteiro da sorte, e digo case, porque se non mercaches un número non hai sorte que valga.
Imaxinádevos agora o xiro que poderían dar as nosas vidas por unha causalidade tan simple, ¡unha bola que pode cambiar o curso de moitas vidas! Para ben ou para mal, ¡quén sabe! De todos modos, e sabendo que solo se vive unha vez, polo de agora, deséxovos toda a sorte posible para que se cumpra ese sono que todos agochamos, e se por esa casualidade da que dependemos, en parte, se cumpren os sonos, unha chamadiña, un correo ó Messenger ou un- iuuupi - que resoe en Queixa, será recibido con moita alegría. De non ser así, non vos preocupedes demasiado, porque como se sole dicir: o caso é, ter saúde: Sorte a todos..



Borjaa Soliño dijo
Depéndese moito da sorte, pero as veces iso perxudícanos. ¿Canta xente perdeu mais de 100 euros xogando a lotería de nadal entre participacións, o boleto que colleches nun lugar no que estiveches de visita, o da administración onde sempre compras un ou dous, as participacións de 7 euros da plaza, os 5 ou 10 do clube de futbol ou balonman, o do bar, a participación que che dan os rapaces que piden pra escursión de fin de curso, etc...? E logo tocache un ano 100 euros nunha pedrea nun deles e é o motivo de ir a celebralo a un restaurante coa felicidade de habelos "gañado".
Pero bueno, a ilusión por gañar nunca se perde, e iso ao final é o que verdadeiramente importa porque, se non a houbese, pois non habería sorte.
Saudos:
Borjaa
24 Diciembre 2009 | 04:47 PM