día dos inocentes
inocente,si:
Vinte e oito de decembro, día dos santos inocentes. Todos somos inocentes, todos cremos algunha vez o engano de alguén. Hoxe celébrase a morte de nenos inocentes, aqueles que Erodes (rei de Roma) mandou matar. Non quería competencia, pareceulle que soamente el era emperador. esta idea que fai dous mil anos xa existía, a idea de único, dono e señor, amo poderoso, segue presente neste século vinte e un.
Atopamos líderes desexosos de poder en cada esquina de tódolos barrios, de tódolos pobos, vilas cidades e países. Nada cambiou en dous mil anos con respecto ás ansias de poder, pouco importan os medios utilizados con tal de conseguir o fin desexado. Líderes lavándolle a cabeza ós humildes, esperando beneficios á conta da vida dos que creron nun mais alá glorioso, presidentes da patronal que onte falaban de xustiza social, abandonando á súa sorte ós que anos atrás os fixeron ricos, políticos que menten aproveitando a inocencia dos que cren neles, e que solo buscan un posto de poder.
A quen crer nos preguntamos, en quen confiar. Necesitamos líderes, xente que saiba dicir: si e non: como Cristo nos ensina, seguimos necesitando de alguén que marque o camiño, alguén que baia de boa fe, alguén que sexa fillo do pobo. Porque seguimos sendo inocentes, seguimos crendo nas palabras e na boa fe. O pobo non fallou, o pobo segue inocente, segue esperando que a boa fe, leve ós que ten o poder, a reconsiderar as posturas antigas, a perder algo de dereitos e exercer o deber que teñen como dirixentes.
Pídolle a estes santos inocentes, que repartan algo da súa inocencia entre os homes e mulleres deste país que, ao igual que Erodes, buscan o poder a toda costa sen importar os medios pra conseguilo, nin o sacrificio dos inocentes que quedan na incerteza do paro. Pídolles a estes líderes, fillos da morte, que este ano que remata, sexa o derradeiro ano de confrontación pensando soamente no poder, que miren mais alá, onde se atopa o pobo inocente, ese pobo ó que pertencen.



teucro dijo
Boas.
Dende fai tempo paso cada dia polo teu blog mirando haber si puxeches algo novo por aqui, cada novo post impresionmame mais que o anterior pola realidades das que falas, non te coñezo pero parece que te escoito cando leo un novo post teu.
Desexoche o mellor para este ano para ti e os seguidores de este blog esperando que sigas así chegndonos dentro do corazon.
Saudos.
Teucro.
31 Diciembre 2009 | 05:38 PM