Publicidad:
Terra
La Coctelera

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

EN CADA NOITE DE TORMENTA LATE UN FERMOSO AMENCER

7 Enero 2010

aos que loitan

 

Non todos temos o valor de loitar por as nosas ideas, quizá nos gustaría ser como López Uralde,  ese valente activista que pagou a imprudencia con vinte días de cárcere. Nos, solo podemos estar da súa parte, da parte de tódolos que loitan por un mundo mais xusto, mais humano, mais preto da realidade. Da multitude de persoas anónimas que ofrecen parte das súas vidas en favor dos semellantes, ou dun mundo mais xusto.

Unha vez que foi liberado este valente, é momento de analizar se é esta a Europa que todos desexamos, ou se como  ocorre sempre, non é a democracia ou calquera outra forma de goberno a culpable, é, a nosa maneira de ser a que nos leva ó abuso das leis cando nos sentimos feridos. ¡Feridos no orgullo se deberon sentir os mandatarios de Suecia, cando lle aplican as leis antiterroristas a un home pacífico!

 Esta Europa que se di- democrática- e que todos apoiamos có noso voto, non é a Europa dos valentes, é, a Europa do diñeiro. Dos banqueiros que necesitan do diñeiro de todos, dos grandes empresarios que necesitan o poder político para sentírense seguros cando inverten fora, aínda que haxa  que explotar a alguén para aumentar os dividendos.

Quizá nos trabucamos con ese si incondicional, quizá esperábamos dos outros mais do que poden, ou queren dar. O que nunca nos trabucaremos é, cando apoiamos a Uralde, a Vicente Ferrer, a eses valentes sen nome que loitan día a día e cos que nos sentimos irmáns. Desexamos mandatarios comprometidos, xente que cando falla na seguridade despois de gastar moreas de cartos de todos, non a paguen cos que solo desexan o ben da terra, esta fermosa terra que nos acolle a todos, incluído aos que sentíndose feridos nos orgullo baten nos demais.

  

servido por queixa 1 comentario compártelo

1 comentario · Escribe aquí tu comentario

queixa

queixa dijo

Perdón pido por dicir Suecia cando debería dicir Dinamarca, de tódolos xeitos creo que tanto monta cando de reprimir se trata.

7 Enero 2010 | 07:24 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de queixa

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

ver perfil »
contacto »

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera