De novo saen ó escenario as diferenzas, a falta de rigor, de coherencia política cando de solucións se trata. Queremos boas cárceres e seguras, que manteñan fora da sociedade aos que poñan en perigo a nosa seguridade. Bos psiquiátricos, que manteñan lonxe de nos aos que poden alterar a nosa calma, queremos que aia centrais nucleares que abastezan as nosas necesidades de electricidade. ¡pero coidado! Que estean lonxe de nos, que sexan os demais os que carguen coas consecuencias.
Queren os dirixentes do PP que España teña enerxía baseada na fisión do átomo, queren que exista un cemiterio nuclear, pero non queren que se instale nas comunidades que gobernan. Queren os cataláns ser unha nación independente, queren a enerxía necesaria para o seu desenrolo, pero non queren as consecuencias dese desenrolo. Queren os casteláns os beneficios dese deposito nuclear, pero non o queren na súa comunidade. ¡que os demais carguen co noso lixo! Pedimos a pena de morte cando as desgrazas caen preto de nos, alporizámonos contra a pena de morte cando nos corredores americanos aparece o nome dun paisano.
Difícil a solución cando o que mais interesa e o poder, cando nos deixamos condicionar polo peso dun voto, cando é mais importante o partido político ó que pertencemos co propio país. Queremos isto ou o outro, dependendo do posto onde nos atopemos e a que intereses defendamos, e así nos vai,

Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados