Os días pasan e non en balde, algo se aprende. Cada novo día é unha páxina en branco, ó anoitecer, algo escribimos nela, algo quedou gravado, con borróns aveces, con tinta de colores outras, pero nunca en branco.
Algo aprendín nos longos días dunha vida, aprendín, que nada é gratis, que todo ten un prezo, que cando atopas o amor ou o traballo da túa vida, perdes a liberdade. Aprendín a ver mirando mais alá do simple decorado das cousas, do que esconde o telón. Aprendín a comprender os problemas alleos, as miserias que se esconden baixo os mantóns de pel, as garabatas de cores.
Aprendín, que o mais forte do ser humano, é o ego, que todos nos sobrevaloramos con respecto aos demais, que escribimos para que nos lean, para demostrar a nosa valía, para ensinar ao mundo que estamos aí. Que cando falamos non é pra intercambiar pareceres, pra conversar, falamos para ensinar a nosa verdade, a única.
Aprendín a escoitar, a ser paciente, a verme nos demais. Pero sobre todo aprendín a coñecerme, a coñecer as propias miserias e aceptarme como son.
Aprendín, a estar seguro que nunca aprenderei, porque como dixo o arxentino Ernesto Sábato : é tan curta a vida e tan difícil vivila, que cando comezas a aprender, hai que deixala.

Si conseguiche coñecerte date por satisfeito, eu xa fai tempo que din esa batalla por perdida, haber si cando me xubile... se chegamos alo.
Bikiños
Ó mellor amiga LAGUNTSA, é que non tes interese en coñecerte, ou medo, que aínda e peor, porque non me digas que á nosa idade non tivemos tempo. Cando nos parece que sabemos de todo, é cando estamos seguros do pouco que coñecemos. Un bico amiga
Os anos dan a experiencia pero hai xente que cre ter a razón sen pasar nen a terceira parte dos seus. De ahí nace tanto egoísmo, tanto mal, tanta envexa, etc..
Un saudo a unhas terras que deben estar cubertas de xeo:
Borjaa
Queixa fai moito tempo que non falamos
hoxe vin a saludarte, para que vexas que
me acordo de ti e de Maria, fai un pouco de
tempo que colguei a Maria Soliña, bueno a sua
historia, o aclaro valla alguien a pensar que a mateo eu
bicos, e que sigades ven
Hola BORJAA, chégalle ben o do xeo non creas, levamos un inverno frio dabondo. Intento aprender, apesar de que a miña xeración tivo dificil a preparación académica. É certo o que dis de que algúns pretenden entender o que non entenden, pero neste tema non creo que haxa idades e dígocho por experencia, tamen entre os maiores hai de todo como na viña do señor.
Unha aperta amigo, e gracias por os teus comentarios.
Gracias Teresa por esta visita, alégrome de verte por aquí, porque é sinal de que sigues na brecha. Estiven vendo o vídeo de Amancio Prada, a min ponme os pelos de punta, non puden escoitalo todo porque iste aparello ten as súas manías. Intentaréi o de María Soliña.
Cuidate moito amiga, unha aperta.
cando era adolescente dabanme moitas cousas, casi todo, un dos meus medos mas medrentos era abrir unha porta na oscuridade e atoparme comigo, brrr arripiabame. hoxe despois de moitos anos, topome conmigo todas as mañans e escojonome de risa. e que boa e a risa, as xentes deberian rir mais, sobretodo de si mesmos.
Hola ALGUEN, tempos ha que non te lia niste blog. Alégrome que ó fin superaras o medo de ti, a min nunca me deu medo atoparme cunha boa moza, pero bueno, caúno es caúno.
O da risa está moi pero que moi ben, pero xa sabes que entre a risa e os choros hai ben pouquiño. Eu prefiro rirme dos demais, porque seguro que non faltará quen se ria de min.
Un bico grandote e bo finde