Quero crer que este mundo é de todos, que dende o momento de nacer, pasamos a formar parte da gran familia humana onde non hai envexas nin rancores, onde todos poden contar con nos, e podemos contar con todos para calquera cousa.

Quero crer que imos de boa fe, que cando fallamos en algo, é porque nos trabucamos; que non existe a maldade, que son as casualidades que se atravesan no camiño, as que nos fan torcer a liña recta.

Quixera crer, que unha forza superior chea de vontade, da boa vontade, rexe este caótico mundo ó que pertencemos. Que todos eses luceiros que nos acompañan no inmenso ceo, foron obra de ese alguén pensando en nos, en que necesitamos compañía.

 Quixera crer, que todos din a verdade, a súa verdade, que non ten porqué coincidir coa nosa verdade, pero que é a que cada quen cree que é a verdade, que ninguén minte sabendo que minte. Crer que non todo se fai pensando nos beneficios propios, que algunha vez se pensa colectivamente, en beneficio de todos.

Quero crer moitas cousas, necesito crer pra seguir camiñando, pra saír ó mundo coa boa fe por bandeira sen ser visto como raro. Quero crer que aínda existe a sinceridade, esa sinceridade que nos deviría dar o saber que non somos eternos.   ¡pero custa tanto crer!