Moreas de ideas, de pensamentos diferentes, de formas de ver a vida encerra este noso país; somos plurilingües, nacionalistas, separatistas e ata imperialistas, de todo hai nesta viña española; tal punto de diversidade, de desconfianza e debate interno acadamos, que de seguir así, remataremos confundíndonos como naquel antigo Babel e preguntándonos quen somos, e en que país vivimos.
Non é a primeira vez que o señor Aznar- anterior presidente deste país- fala despectivamente do seu goberno. El, que debería saber o difícil que é gobernar a gusto de todos, que tivo luces e sombras durante os oito anos que gobernou, que viu como este presidente o defendeu ante o ataque dun presidente estranxeiro, supérase afirmando que -nunca ninguén fixera tanto dano en tan pouco tempo- duras palabras que confirman as dúas Españas.
Dende sempre- que eu recorde- houbo neste país un certo desprezo por o noso cando nos comparamos cos demais; sabendo como sabemos, que en todas partes se cocen fabas, ¡quizás estamos demasiado politizados! Quizás nos falte unha visión mais ampla, menos individualista e egoísta para sentirnos orgullosos do noso, do que entre todos conseguimos facer deste fermoso país chamado España.
Non é de recibo, que nesta crise que nos toca vivir, teñamos unha oposición que solo busca a caída do goberno, que cada cousa que toca ou di, teñamos que escoitar unha sarta de insultos e descréditos do noso goberno, do que elixiu a maioría dos españois, do que nos representa a todos, sen poñer nada do bo que poidan ter en favor de todos, destes catro millóns de parados que tanto tiran á cara do goberno, esperando chegar a gobernar nas próximas eleccións.
Non é de recibo, que os mesmos que fai seis anos nos quixeron vender a súa verdade a toda costa, intentando enganar a tódolos españois con aquel complot entre E.T.A e a oposición para derrotar ó goberno, sigan unha e outra vez chamando mentireiros aos nosos dirixentes. Mañá serán eles os elixidos, e serán os outros os que lles paguen na mesma moeda. E nos, seguiremos sufrindo esta falta de patriotismo que confirma a nefasta idea das dúas Españas.

a min o que mais me encabrona de todo iste circo e que hay xente que se crè todo que istes hipocritas dicen ou contan.
e olvidate, que eiqui xa non hai dous bandos, a verdade e que sempre é o mesmo lobo con distinta piel (co perdon do lobo), todos pensan no mesmo, en enganarnos os probiños de a pe e en encher os seus bolsillos
cando faremos unha folga de verdade...????
Espero ALGUEN, que o día que enchan os petos comecen a dicir tódala verdade, e nada mais ca verdade, será divertido saber a cantidade de cousas que ignoramos, solo cando os collen desprevidos dan a verdadeira idéa do que pensan.
Encanto á folga, xa sabes que podes contar comigo, espero que ó remate haxa algo de marisquiño, porque facer por facer, ben sabes que é tontería.
Un bico, cúidate.