Todos vivimos baixo o mesmo ceo, a todos alumea o mesmo sol, pero non todos aproveitamos da mesma maneira esa luz, non todos temos a mesma perspectiva da vida. Xentes que loitan por un benestar social para todos, xentes que ofrecen os seus días  esperando un mundo mellor; outros que aproveitan tódalas circunstancias para aumentar o patrimonio pensando soamente no beneficio.

É nos momentos difíciles cando se notan mais estas diferenzas, cando se ve a boa fe ou se deixa ver a maldade que nunca nos abandona.¡ Pouco cambia a humanidade co tempo! No fondo, seguimos sendo os mesmos que recibiron a Cristo con palmas cando todo ía ben, os que o condenaron cando algo se torceu, fai dous mil anos? foi onte.

Sí, foi onte cando a maioría do pobo español lle deu a confianza a este goberno, cando as cousas ían ben e se aumentaba a caixa da seguridade social, cando se falaba da transición modelo do noso pobo, do despegue económico que estabamos a conseguir. Cambiou a economía mundial, os mesmos que onte eran venerados e levantados ós lugares mais altos, atópanse no peor dos momentos encanto á credibilidade, ata os compañeiros de partido se unen á crítica,¡ igual ca fai dous mil anos! sempre haberá un Pedro que nos negue, un Xudas que nos cambie por moeda baixo este mesmo sol que onte nos alumeaba,e  que se torna escuro cando ben os anos de vacas fracas.

Tremenda e verdadeira paradoxa da humanidade, ¡tanto tes, tanto vales! Segues sendo a mesma persoa cando mendigas morcillas, que cando estas en condicións de ofrecelas, pero a sociedade mírate diferente. Se a sorte che sorrí, ata as engurras da pel son fermosas. ¡canta razón nas palabras da nosa Rosalía. Tirar pedras, tirar pedras/ Tirar pedras ó caído/ Tirar, que cando caiades/ anbos de facer o mesmo.