Requeixo de Queixa
Así lles dicían aos que eran fillos únicos ou que tiñan unha mellora con respecto aos demais hirmáns- vinculeiros- sinónimos de bo partido, de parella interesante ó que de haberes se refire. Eran os que ligaban nas festas, aos que todos se arrimaban esperando sacar beneficio. Todo cambia, a historia é xusta e a todos da oportunidades, os que un día foron gabados e ata envexados dos demais, hoxe viven solos nas grandes casas con airas e palleiras, con lameiros abandonados e touzas descoidadas, pero seguen mantendo o nome, seguen sendo - o fillo de.
É patético ver os aires de grandeza que conservan os antigos herdeiros dos fidalgos, aqueles que tan ben retratou o noso paisano- Torrente Ballestér nos -Gozos e as sombras- vidos a menos hoxe. Tan afamados no seu día, que desprezaron ás mozas/os do seu entorno porque non lle competían en riqueza. Fóronse quedando solos porque os pais morreron, os tempos cambiaron e o campo perdeu valor, pero seguen sentíndose diferentes aos demais, seguen sendo votantes dos partidos que defenden as diferenzas sociais, seguen sendo- vinculeiros.
Creo, que ningunha outra palabra define tan ben a esta xente como -vinculeiros. Se te achegas por estas terras e ves un home con caxata e sombreiro de feltro, botas de coiro e traxe de pana raiada, ¡non o dubides! É vinculeiro, estará sen lavar, mal nutrido e desaliñado, pero se falas con el e notas que gaba canto ten, pódeslle facer a foto coa certeza de que atopaches, un vinculeiro.

Sempre habrá en todos os lugares os chamados Fillos de Papá. Xente que presume de telo todo, de que estudou nas mellores universidades do mundo, de ter traballos, supostamente, envexables nas que se usan de xente pobre pra esclavizalos case o pé da letra, de ter ido a todos os países do mundo, etc.... Como digo eu, serei o que sexa, pero polo menos sabrei que o que gañei foi co meu propio esforzo, e non pola gracia de ter un pai que me deu todo feito.
Teño un veciño que de un taller moi pequeno que fixera con outro amigo, foi pouco a pouco crecendo ata o punto que agora posúe unha empresa naval importante en Marín e accións en outras grandes empresas navais. Este, ao contrario de fillos de papá, sempre terá a miña admiración porque, o que nace humilde, sabe o que hai. Él non presume diante dos veciños, a moitos mesmo nos invitou a boda da sua filla, vai sempre coa sua furgoneta da sua empresa en vez de usar outro tipo de vehículos, ten fincas dentro do terreo da sua propia casa nas que cultiva como o fan os demais, non duda en ser xeneroso e ofrecer a sua axuda a quen llo pide, etc....
Sempre haberá todo tipo de xente
Un saudo:
Borjaa
PD: A verdade e que é moi fermoso teu pobo.
É certo BORJAA, ¡sempre haberá todo tipo de xente! Nestes lugares onde o único modo de vida que había era a gandería, xunto co agro, en cada pobo había un rico, un que herdara toda a propiedade en decrimento dos hirmáns que tiñan como única saída a emigración, estes vinculeiros- salvo excepcións- eran prepotentes, abusadores, sentíanse superiores aos demais. O tempo foinos poñendo no seu lugar, xa non poden abusar. A pesar de eso, siguen tendo ese aire de fidalgos, considerándose por enriba do resto,¡ patético me parece!
Gracias amigo por os teus comentarios. Unha aperta