Eres Galiza, fermosa.
Fermosas as túas mulleres.
Montañas vales e ríos,
Mares desta terra nosa.
Agarimosa a túa fala,
Xantares que dan contento.
Alboradas que namoran,
Músicas que trae o -vento.
Nunca permitas, galego/a-
Que mancillen esta terra-
Que unha Rosa, alén de nos-
Nos trate coma pelellos.
Rosa de mala roseira,
Éiche de dicir en prosa.
Metíche-la gamba, Rosa-
Falando así dos galegos
Filla de terra Euskalduna,
Con Pachi e con Zapatero-
Perdiche en voa porfía.
Que non paguen os galegos-
A túa xenreira - Tía.

Belo poema, bastante cercano a poesía de Rosalía, en defensa de Galiza.
Dende logo, Rosa Díez, (supostamente de esquerdas pero cun partido de moitas e extranas similitudes coa extrema dereita) quizais podería asumir de unha vez por todas o seu odio a Galiza. Tras tentar, erróneamente, acabar co galego acercándose ao PP, e con motivos tan absurdos como que poñía en perigo ao Castelán (facendolle creer esa realidade aos medios madrileños), que era un lenguaxe de pobo, que ía en contra da constitución, que non se respetaba a libertade a elexir dos pais o idioma na escola (pedindo ela a obrigación de dar castelán en todas as asignaturas salvo nas extranxeiras e unha optativa de galego), etc., simplemente para ir eliminando símbolos identificativos de Galiza, agora xa nos insulta. Quizáis nunca deixou de ser unha cobarde, con fobia grande cara a algún atisbo de indendencia nunha autonomía, que mente e mentirá unha e outra vez ata que recoñezamos en Galiza a afición aos toros, as sevillanas... ata que pensemos que as gaitas son guitarras, e as pandeiretas caixons... e ata que pensemos que Galiza é un territorio seco, de sol e calor etc...
Haberá sempre xente que queira aquela España unha grande libre, pero creo que non permitiremos tirar con todo aquelo que pouco a pouco conseguimos.
Saudos:
Borjaa
Queixa fermoso poema dan asta ganas de chorare
un bico
Alegrome Borjaa, saber que somos moitos a defender a nosa identidade como galegos. Seguro que non imos deixarnos avasalar por ninguén sen loitar. Outros loitaron antes ca nos pra chegar ata aquí.
Gracias por a crítica favorable do meu poema, máis, cando ven de alguén coma ti. Unha aperta
TERESA, que che podo dicir. Como din Fuxan os ventos na súa canción: Ti es coma terra nosa, e a terra coma ti é:
Unha aperta
Bellas palabras y ami me definen muy bien
YO SOY COMO LA TIERRA Y LA TIERRA COMO YO ES
ABRAZOS
ja,jajaja, moi bo, moi bo
un abrazo
Sodes marabillosos, con xente así, non quero deixar de ser galego,
gracias a todos, unha aperta.