Isto que vou contar, contoumo un home a min, porque outro home llo contara. Quer isto dicir, que non é o que se di, un conto, senón que é un conto a medias, ou por dicilo mellor,un medio conto.
Había, e sigue habendo, un pobo de montaña, que no momento diste feito, era, e segue sendo, un pobo totalmente illado ó resto do mundo. Non había electricidade, nin estrada, nin baños nas casas, nin tan sequera auga corrente. O que si había, era unha fermosa igrexa onde o crego ía só cando alguén morría. Deuse o caso, que un novo bispo entrou na diocese con moitas ganas de traballar, e decidiu percorrer todas e cada unha das miles de igrexas espalladas por os seus dominios.
Foi así, que un día, mandou unha carta ó pedáneo do pobo anunciando a súa visita. O pedáneo que era dos mais espabiados do pobo, puxo en marcha tódolos medios ó seu alcance pra satisfacer, no posible, a estancia de tan ilustre mandatario. En chegando o día, mandou ó rapaz de mais confianza ó outeiro máis alto á vixiar o camiño por onde debería pasar o bispo, ca consigna de dar a voz de inmediato, e ter así preparada a comitiva encargada de lle dar a benvida, e así foi, alá por a media mañá, comezou a transmisión das noticias que viña sendo así: haaaai señor hilaaaario! Quéeeeee! Vexo na costa de embaixo un home cunha saia e un can cunha chooooca! Con esta voz de alarma do pequeno sentinela, comezou a bulir o pobo con aires de festa maior. Saíron os mais vellos do pobo cos mellores traxes de pana que tiñan,camisas de liño, e ata se dixo que naquel día, estreara por primeira vez o pedáneo, uns calzóns. votouse palla nova no camiño pra que o bispo non luxase os zapatos, e pra darlle mais solemnidade ó asunto, comezaron a tocar a mellor campa que tiñan ¡todo un acontecemento!
Chegou o bispo medio abafado da camiñada, e xa o pedáneo se adiantou ao resto dos veciños que formaban en ringleira, é díxolle tendendo a man: ben vido señor bispo, elogo, qué tal a señora bispa é mais os vispiños pequenos:
Desorientado quedou o bispo sen saber que dicir nin que facer, ata que o primeiro da fila se adiantou e díxolle: perdóelle vostede ó meu veciño que é moi bruto, e non sabe que os bispos non ten pai. Xá o bispo comezaba a decatarse da situación, e co mellor dos sorrisos foinos bendicindo un a un. Rematada a primeira parte do protocolo, foi o pedáneo o que invitou á súa casa ó canso bispo, pra lle ofrecer un almorzo á altura das circunstancias. En chegando preto da porta, chamou por a María deste xeito: hai Maríiiiia.. culle unha presiña de palla do cortello da marrá, pra lle coár o leite o señor bispo ¡ca limpeza diola amou! Sorte tivo o bispo de haber nacido en León e non entender o galego! Almorzou o leite coádo, e antes de saír pra facer a obrigada visita á igrexa, díxolle ó pedáneo que tiña unha necesidade. ¡en todo pensara o pedáneo! sabendo que na cidade a xente cagaba nun buraco, fixo no piso un buraco que ía á corte dos cochos, pero como non sabía o método de limpar o cu, a non ser cunhas pallas, mandou ó mesmo rapaz que fixera de vixía, cunhas pallas que el mesmo atou á punta dun lareiro, pra cando o invitado rematara de facer as necesidades, pasarllo dúas veces por o santo cu. E así foi, cando comezaba o crego a sentir a necesidade dun papel que non vía, algo lle estendeu a sucidade por dúas veces. Estrañado o bispo ante tal misterio, quixo atopar o mecanismo baixando o nariz e guichando no buraco, dúas veces mais pasou o rapaz ó hisopo nas santas narices. Din os que saben, que tardaría cincuenta anos en pasar o seguinte bispo por aquel pobo que aínda hoxe, recorda con cariño a primeira visita do ilustre persoeiro.

Explendido este conto Queixa gustoume moito
escribes moi ben na lingua da gusto leerte
un abrazo
Gracias TERESA por este comentario. Por todos os comentarios que fas, sempre desenfadados, cheos de gracia.
Un abrazo
Gracias ati por tu comprension
bicos
Bonito conto, aínda que o final, bueno é o final de toda boa e mala comida,jeje!
Vexo que te metiches a poeta, e non é tan malo, sentimento que diría Rosalía é o único e a ti sóbrache.
Pena o do famoso camiño que fai anos ía unha pequena igrexa, ou casa creo recordar e que hoxe o destrocen desta maneira e sobre todo para nada! Hai que xustificar as subvención dirán uns e outros coma tí, e eu penso o mesmo, tirar cos cartos en parvadas.
A serra debo recoñecer que esta fermosa, xa comezan as mimosas a florecer, están verdadeiramente fermosas e o cheiro parece que xa ben. O outro día andei pola Baixa Limia, e tamén había pobos abandonados e outros, alonxados do mundo que dirían os de cidade. Tremendas vistas albisquei e preto da miña aldea, parece mentira! Zonas de castiñeiros, sotos fermosos e que son unha das fontes desas e seguro que tamén de moitas terras da serra.
Un saúdo Queixa e bicos. Canto temos que aprender os que estamos preto da cidade!
Hola MÁXICA, sabes, eu era un incrédulo, por dicilo dunha maneira suave,destes medios de comunicación, agora que levo tempo utilizándoo, sinto alegria cando alguén coma ti, que non coñezo, entra neste blog e fai un comentario tan amable. Gracias por as túas palabras.
O conto foi inventado por alguén que quería mofarse dun pobo que aínda vive xente nel, e que fai trinta anos estaba totalmente aillado. recórdoo cando vivían corenta familias, e dou fe de que era unha xente encantadora.
Si, aínda quedan pobos habitados nesas terras chairas da Limia, magoa das xentes que van quedando soias, é das terras abandonadas, pero así e o mundo, incluso os arredores do santuario dos Milagres, sendo tan fermoso, están quedando abandonados.
Estes días estanme chegando correos de algunhas entidades, intentando xustificar a mala inversión que significa tirar asfalto no medio dun monte, e sinto mágoa das parvadas que se poden dicir pra xustificar o inxustificable. unha aperta.