Todo chega, tamén chegou a primavera, ese tempo xoven e como tal, cambiante, inestable e caprichoso. Renace a vida con toda a forza da natureza, vixiada nestes lugares por a resplandecente e inmaculada neve.
Unha vez mais se produce o milagre, a nacenza da fermosa primavera con todo o que significa, cambios bruscos, choivas e brétemas, aires racheados e treboadas súpetas. Ata as alerxias renacen co fluír do sangue nas arterias, regando cada recuncho dos maltreitos corpos que o duro inverno mantivo baixo o seu duro suplicio.
Coma caprichosa xoven, vestirá de cores a escura paisaxe e traerá a alegría ás grises carballeiras, salpicando os verdes campos de xuvenil colorido. Unha mais na conta particular de cada quen. Livián, cando baixan dos tres díxitos, levadeira ata seis, cargada de lembranzas e asexada de nostalxias a partir desa idade.
¡Quén non recorda con nostalxia as quince primaveras! Esa renacenza á vida alegre, a un mundo cheo de ilusións, de tantas cousas por descubrir, inmunes a canto de escuro agoche o futuro, un futuro que parecía lonxano e que agora, unha vez chegado, danos a sensación de que sempre estivo aí, de que as primeiras primaveras nunca existiron. Con esta "sabedoría" e votando man dos mellores recordos, damos a benvida a unha nova, e esperamos, fermosa primavera.

Querido Queixa, fai o favor de non darme mais morriña
ca primavera home, xa esta ven... jajajaj se estara poñendo todo
como noviño con exte resurxir da naturaleza nos campos
Quen poidera estar ahi para votarlle unha reoxada o chan e velo
cuberto de verde todo el
bicos
Hola TERESA, sí, xa o verde comeza a se facer dono da paisaxe, ademais nestes últimos días leva chovido forte, encanto o sol faga presenza, será unha explosión de cores.
Encanto a poder estar aquí, entre Madrid e Ourense so hai, cono din por aquí, un pincho, atoparás silencio, natureza en estado puro, aire san, un lugar onde durmir e comer, e un amigo, non e moita bagaxe, pero algo e algo.
Unha aperta
moitas gracias home polo ofrecemento, mira que esa parte
nin tan siquera a conozco
eso de que aqui ali solo hay un pincho sona ven como chascarrillo
pero e un largo camiño para patear jajajaja
mais non importa, ti me iras contando pouquiño a pouco como se
ira poñendo todo de bonito segun o tempo vay pasando
moitos bicos
Notas xa coma ferve o sangue?? Co primeiro raio de sol que pille parecerei unha olla a presión...
Bikiños
mirade que ca primavera tamen ven a astenia primaveral, as alerxias, as depresions, así que sede cautos
Jejejejejeje, habia que poñerlle un pero...
bicos
Coidado LAGUNTSA, todo é bo con moderación e as potas esas de presión son perigosas.Un bico
Porqué, me pregunto, ALGUEN, ten que haber sempre un augafestas? non sabes que: en casa de aforcado non has de nomear a soga? tocarei madeira.
Un bico