Quizá sexa a primavera, a conxunción astral ou as incansables meigas- que haberlas háilas- pero o certo é, que o mundo anda un pouco revolto.
Ladróns metidos a políticos que deixan o cárcere, outros a punto de entrar, moitos que rezan pra nos seren os seguintes. Clérigos que acusan ó presidente do país de asasino de nenos non nados, mentres eles abusan dos xa criados e o seu máximo xefe desculpa en favor do perdón, e que segundo algún prelado que ó parecer era coñecedor e encubridor, era menos delito.
Xuíces que son acusados e perseguidos por os mesmos que el acusou de se enriquecer á conta de todos, e que salvo a intervención dos meigos, será apartado da xudicatura despois de perseguir a narcotraficantes, terroristas e aproveitados varios.
E pra rematar, un ex ministro do interior acusando ó presidente do goberno, de ter as mesmas aspiracións cos asasinos de E.T.A. rematar co estado que el mesmo dirixe. Facía tempo que os meus humores ían por outros camiños, que a política e os políticos non me interesaban, pero dicía un mudo: hai cousas que fan falar.
E como non podía ser menos, por aí anda o que nunca debeu saír de Valladolid, non só desacreditando ó país que di querer, senón dando premios a persoeiros como a señora Tacher, prototipo da intransixencia mais descarada. Espero e desexo que esta especie de epidemia sexa pasaxeira, que unha vez entrada a primavera, se asentes os humores e cada quen pasemos a ocupar o noso lugar, aquel que nunca debemos deixar.

Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados