fermosa terra a nosa

 

Cambian os tempos e cambian os líderes. Cando os tempos eran especialmente inmaturos democraticamente e os cambios encarnaban un especial perigo, saían lideres carismáticos, persoas capaces de enfrontarse aos retos do seu tempo.

Unha vez conseguidas as metas que nun día nos impuxemos, cando sabemos cada quen o lugar que nos toca nesta nova democracia, ven o relax, o deixar correr o mundo e esperar ao noso turno, non por os méritos propios, senón, porque as circunstancias adversas xunto ca falta de liderado dos mandatarios, nos levantarán ao poder, ese ansiado poder de tódolos lideres mediocres que aspiran ó recoñecemento mais que a arranxar problemas dos cidadáns.

Son novos tempos, nova visión dos mesmos problemas, nova forma de concibir o cambiante mundo que nos toca vivir. Recordo ao primeiro presidente desta xoven democracia, aquel Adolfo Suárez enfrontado ó difícil dilema de legalizar ao partido comunista e enfrontarse a uns poderes que non querían perder privilexios. A un Felipe González enfrontado a un prepotente exercito que non quería perder prenda, e penso, que sería de nos nas mesmas circunstancias con estes lideres que hoxe nos gobernan, con esta oposición incapaz de condenar, de se manter firme ante os aproveitados de turno, despois de ter un congreso onde se alzaban  como defensores da honestidade e represores de toda crase de corrupción, a tolerancia cero.

Quizá sexa certo aquel dito- os pobos ten os mandatarios que se merecen- quizá, estes últimos tempos de bonanza económica e de consumismo  sen tino, nos fixeron relaxar a todos e aceptar como norma a vella frase da nosa terra- o que non rouba nin fode , é, porque non pode. Quizá teñamos o que merecemos.

Magoa dun país que tanto sacrificio tivo que facer para chegar ata aquí e que agora comeza a retroceder. Vendo as imaxes da policía-  democrática- mallando na xente en Valencia por unha protesta, e escoitando á súa alcaldesa pregúntome, se de verdade mereceu a pena.