Coma tódalas nais, tamén a natureza se alporiza e defende deixando as cousas claras e poñendo a cada quen no noso lugar. Ó longo dos anos, fomos abusando da súa confianza ata chegar a crer que podiamos controlala e ata dominala, vaidade humana.  

En cada invento, esquecemos á natureza e deixámonos levar da cobiza. Voamos, deixando os ceos ateigados de partículas contaminantes. Camiñamos sobre as augas esquilmando canto se pon diante, e deixando a cambio toneladas de lixo, esquecendo que todo ten un prezo.  Caro, cando leva catro mil vidas nunha sacudida e deixa milleiros de feridos sen un lugar onde se cobizar. Cando nun suspiro nos impide voar.

Así é a nai natureza, fermosa cando sorrí, cando nos mostra o lado bo, dura cos seus fillos cando esperta e nos di- vasta. Quizá nos custa aprender a lección, quizá esquezamos pronto, pero unha cousa si está clara, ollando este impresionante ceo, estamos seguros de quen é o que manda.