Unha vez mais nace o sol. Un novo día cargado de vellas noticias. Apoio ao xuíz Garzón, polémica arredor do estatuto de Cataluña, politización do tribunal constitucional, novo brote de intransixencia relixiosa, o difícil reparto da auga. E no fondo de todo este barullo, o sempiterno fantasma das dúas Españas.
Corenta anos de férrea ditadura, non fixeron mais que aumentar esas diferenzas entre fillos dun mesmo pobo. Xentes sinxelas que padecemos os mesmos problemas, as mesmas inxustizas. Pero cunha crase política que pra manter o poder, non sente reparos en fortalecer e aumentar esa liña divisoria das dúas Españas.
Parecía xusto o reparto desa España en autonomías con competencias suficientes pra se gobernar. Pero a medida que uns e outros se foron facendo fortes nos seus feudos, pasaron de ser eses gobernos que se esperaba parte da solución, a ser parte do problema.
Tódalas autonomías foron pedindo mais e mais competencias para acercar os gobernos aos seus cidadáns, parecía xusto, pero cando o goberno central se quedou sen ferramentas pra unificar criterios, cada unha desas autonomías vai por libre, critícase os gastos do estado central mentres os outros -estados- gastan sen tino, pídese apremar o cinto aos demais e que se inverta no noso lugar. Difícil futuro espera a un país que ademais de partido ideoloxicamente, turra en dirección contraria o sentido común.

HOLA QUEIXA, PASO A DEIXARTE UN SALUDO E AGRADECERCHE
A VISITA A MIÑA CASA...
BO ARTICULO FIXECHES, PERO O PANORAMA ESTA QUE ARDE
EU MUNCA VIN TANTO INCOMPETENTE XUNTO POR METRO
CUADRADO,,, MOITOS BICOS
Sempre é todo egoísmo, é no que nos estamos convertindo.
En tódolos partidos (e dentro dos mesmos) cada un tira pra sí sen importarlles a xente nin pobo. É curioso pero, en vez de buscalo o obxetivo polo que están ahí, pérdense polo poder, nadie comparte e nadie cede. Así vai todo: Un apoia unha medida, o outro protesta, o outro a quita, etc...
Creo que xa te dixera, pero en Moaña, de pasar do abandono pasou a ser un pobo moito máis que presentable. Un goberno de verdadeira coalición BNG-PSG, que xa está acabando a sua segunda lexixlatura, conseguiu un pobo totalmente diferente, cos servizos tan demandados durante anos e con unha chea de novidades impresionantes. Ante a evidente superioridade con respecto ao anterior goberno do PP, estes mesmos, cun novo portavoz, chegou un momento no que deixaron de protestar e puxéronse mans a obra. Eles agora pídenlle a xunta, como un goberno máis, melloras pros veciños, infórmanse das novidades. e ata conseguiron un pavillón. Así da gusto a verdade e ata ilusiona como olvídanse dos seus problemas para favorecer ao pobo. Por qué non o fan os demais?
Mentres dous cans peléanse pouco caso lle fan aos seus amos, os responsables de que leven mellor vida. Aquí ben sendo o mesmo, de tanto pelear pouco caso lles fan ao pobo polo que viven de boa maneira.
Saudos:
Borjaa
Hola TERESA, gústame esa nova fórmula de medir a incompetencia- por metro cadrado. Nesta nosa Galícia -rurál sobre todo- está tan extendida esa enfermidade, que o día que se depure quedaremos sen representantes.
Bicos da terra
Hola Borjaa, alégrome de verdade que nalgún lugar funcione unha coalición política, aquí -nas terras de Trives- temos unhas experiencias moi malas, fixéronse coalicións de tódalas cores e nunca funcionaron, quizá, porque o que se pretendía non era por o ben do pobo, senón por aumentar o poder político.
Está ben a comparación dos cans, nalgúns lugares pérdese a maior parte da enerxía ladrando entre eles.
Unha aperta amigo, gracias por o comentario.