o espertar da natureza

Custa ás veces manter a esperanza, cando sentimos falar da falta de alimento e auga nun mundo, onde o diñeiro que gastamos en armamento sería suficiente pra arranxar esta inxustiza.

 Milleiros de nenos morren ó día por falta dunha cunca de leite, dun leite que por ter un prezo tan baixo, se deixa de producir ou se vota nas leiras.

A esperanza de que un mundo mais globalizado sería mais xusto, vaise perdendo á medida que comprobamos que ese coñecemento global, é aproveitado por o poderoso capital pra facerse mais forte á conta da miseria allea, non pra repartir- xa non a riqueza- pero ao menos   xustiza.

Un  raio de esperanza parecía iluminarnos, cando o marabilloso internet nos permitía unha visión diferente do noso mundo, a ilusión de conectar unha humanidade tan diversa, parecía un sono.

Efémera esperanza, cando comprobamos a cantidade de aproveitados que se moven neste sistema.

Ante un panorama tan incerto, quedémonos coa esperanza  en que un día espertemos do letargo que nos invade e digamos -basta- deixemos de ser escravos, clones da poderosa maquinaria do inxusto consumismo e nos convertamos en cidadáns dun mundo sen fronteiras.