Ouvinas cantar en días de romaría, ao son dunha gaita en días de procesión. Ouvinas repenicar cando o lume se achegaba perigosamente á aldea, cando chamaban a concello. Esas pequenas campas, forman parte da vida na aldea, elas, están presentes en cada acontecemento bo e malo que acaece o longo dos anos.
Ouvín contar das lendas e milagres que en cada aldea se lle supón, dende afastar as mais perigosas tormentas, ata traer a tan prezada choiva nos días de estío. Humildes campas amigas do labrego, que cando a néboa impedía ver o camiño de volta á casa, soaban indicándoo e acompañándoo co seu son na difícil camiñada da serra.
Sabía que nas noites de inverno, cando o vento zoa do oeste traendo a fría humidade do noso mar, emiten un longo queixume que se sente dende lonxe. Pero non sabía que cando a acariñas, emite un zumbar maino, agradecido. Pode que algunha das cousas que se lle supón sexan esaxeradas, que ese acompañamento ás ánimas perdidas sexa soamente unha de tantas historias da longa noite da aldea, pero cando a sentes na man, non podes reprimir a máxica sensación que transmite.

Precioso escrito Queixa, siempre me gusto el repicar de esas
campanas cuando caminaba por la veiga... hace de eso muchos
años pero siempre recuerdo el tañer de las campanas, es una
sensacion grata y muy profunda
Un abrazo
Gracias amiga TERESA por este comentario, e por estar aí.
É certo que o son das campas nos causa sensacións, de inquedanza cando soan tristes, de ledicia cando soan a festa, pero sempre sentimos algo máxico cando soan, sobretodo, cando se escoitan nestas xa, desertas aldeas.
Unha aperta e feliz veran.
sabor a pueblo, sabor a aldea, momentos mágicos..