Quizá esaxeren os xornais cando falan de duascentas hectáreas de monte queimado nesta fin de semana en Chandrexa, pode que só sexan vinte, pero aínda así, seguen sendo moitas. Quixera poder entender, poder desculpar aos nosos paisanos que ano tras ano, en chegando este tempo, necesitan ver como o lume se ceba nos nosos montes deixándoos de color negro, pero por mais que maxino o interese que pode haber tras esta barbaridade, non consigo atopar nin desculpar.
Quizá noutros tempos, cando as cabras se contaban por centos, e o pasto ía desaparecendo a medida que medraban as Uces, parecía xusto manter limpo o monte, aínda que fose dunha maneira tan brutal. Pero neste intre, cando desapareceron as cabras e os labregos poden debruzar os montes á conta do noso estado, parece tarefa imposible atopar xustificación lóxica a tan triste pasatempos.
Xa se contas cos dedos dunha man os veciños da maioría dos nosos pobos e cada ano imos sendo menos; quizá haxa que esperar á total desfeita desta xeración pra deixar de ver no ceo estes aparellos tan ruidosos, que a pesares de ser unha marabilla da ciencia, están mellor nos seus angares.

jooooo, qué peniña... e non hai maneira, eh? nin máis axudas, nin máis control, nin nada de nada... mentras non nos cambien as cabezas... en fin!
Sí, mágoa de pobo, que ademais de ser fermoso, mantén aos que o queiman