Cando un persoeiro coñecido, chámese Saramago ou Hawking, poñen en cuestión algunha das verdades "inmutables" algo bule dentro da gran masa católica; certo é, que dun -máis alá- ou dunha -creación divina, non existen probas contrastadas. Crer na teoría dunha -evolución natural- tampouco é algo que nos faga ilusión, sobre todo, cando necesitamos dunha axuda que ninguén nos pode dar.
De tódolos xeitos, e respectando tódalas ideas, hai algo que se chama -razoamento- e que me impide crer que sexa a Terra un mundo creado por un deus pra o noso lecer. Paréceme pouco probable que un deus todopoderoso, posuidor da intelixencia infinda, fose quen de crear - á súa imaxe- unha raza que arranxa as diferenzas matándose uns aos outros, que a súa xenreira o empurre a matar á nai dos seus fillos, que sexa quen de cambiar por ouro canto de bo hai na humanidade- incluído ao seu -creador, que os mesmos que o representan e ten a súa- bendición, acumulen ao longo dos anos unha historia tan -decepcionante.
Se falamos de liberdades persoais e as defendemos, deixemos que alguén diga o que moitos pensamos. Non queiramos poñer a razón do noso lado cando ninguén volveu do mais alá pra asegurar unha -idea. Deixemos de defender un mundo -descoñecido, e fagamos máis fácil a vida dos que están preto de nos, deses humanos diferentes que naceron, sen o seu permiso, dentro dunha comunidade chamada -xitana.

Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados