Hoxe non me sinto ben, un nó apreme no peito, un pensamento peta unha e outra vez e non o podo botar de min. ¡Morreu a miña gatiña! Tres meses tiña. Era a gatiña máis cariñosa que coñecín. Acompañoume toda a mañá, eu limpaba no xardín e ela corría entre o angazo dando brincos de alegría, se me subía á escaleira miañaba, se me sentaba, subía ao meu colo e deitábase.
Fun sacar o coche do garaxe e debeume seguir, non a vin; cando volvín, a miña compañeira limpaba no chan. Estou seguro que nin se moveu cando a roda se puxo a xirar, tal era o grao de confianza que tiña en min. Só era un gato- me digo- pero esa cariña inocente segue na miña cabeza e fai dano pensar, que fun eu o que lle quitou a vida.
Quero pequena amiga, poñerte nesa nube que é Internet, colocarte no mellor lugar, pra que non se perda ese cariño que che tiña, e quero pedirche desculpas por ese egoísmo humano de facer de ti unha amiga, e de non o merecer.

Lo siento QUEIXA esas cosas suelen pasar...
Me imagino como te sientes...
Que puedo decirte, solo que se pasa muy mal
yo tube esa misma experiencia con una perrita
y solte muchas lagrimas... muchisimas
Un abrazo y animo
Gracias Teresa por tus palabras, ya no tiene remedio, pero lo siento de verdad.
Un abrazo