Ninguén pode vivir da fartura do ano pasado, dixo un sabio. Cara atrás, nin pra tomar impulso, asegurou outro. Pero tampouco está por demais recordar- de cando en vez- de onde saímos pra saber onde nos atopamos. Pasamos dous millóns e medio de anos intentando sobrevivir nun mundo hostil, un medio onde só os máis fortes chegaban a maiores,probablemente, entre vinte e trinta anos, ¡e sobrevivimos!.
Comezamos facendo pequenas ferramentas de pedra pra suplir a forza duns, a axilidade de outros, ¡e conseguimos saír a diante!. Fomos dominando o fogo e seguramente, foi obxecto das primeiras disputas entre homínidos de diferentes clans, quizá, das primeiras mortes entre unha mesma especie. Parece moito dous millóns e medio de anos, neles, conseguimos dominar cada segredo da natureza, cada misterio agochado no fondo dos océanos.
Só unha cousa se nos resiste pra chegar a ser -superiores- esquecer as diferenzas entre clans. Entender que o fogo podería quentar a todos, pero seguimos ancorados nas diferenzas. Palestinos e israelís, curdos, suníes e chiíes, utus e tusis, de esquerdas e dereitas, católicos e musulmáns. Conseguimos dobregar canto este planeta nos ofrece. Conseguiremos algunha vez, dominar os impulsos fraticidas de fai dous millóns e medio de anos? Quen sabe.

Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados