recunchos con encanto
¡Cantos camiños recorridos ó longo de sesenta e cinco anos! Cantos! Moreas de recordos que nos fan máis humanos, que axudan a comprender, ou polo menos intentalo, que nos acercan a un mundo lonxán, difuso no tempo, ó noso tempo.
Imposible chegar- dixemos algúns- cando o camiño era tan incerto, cando o futuro era mañá. pero aquà estamos, enchendo este mundo virtual co único que nos queda -recordos. Un mundo que ninguén podÃa soñar, que cando o famoso -transistor- fixo aparición no mundo da electrónica, alguén vaticinou - non plus ultra-  imposible chegar máis alá, e aquà estamos.
Como será mañá, ¡quen sabe! Tampouco ten demasiada importancia. Quizá, as nosas trasnoitadas experiencias sexan  un atranco no camiño cara o futuro, ese que moitos intúen lonxán, pero que cando chegue -porque chegará- rumien nuns recordos semellantes.
Polo de agora, saboreo a celestial musica do desafinado canto amigo, aquel que nos da pulos para seguir sentÃndonos vivos, que nos acompaña por este camiño - estreito ás veces- que é a vida.
 Â
 Â

feliz cumple!!!! mandoche un rejaliño, a ver si con esa super coñexión nova podelo ver http://www.youtube.com/watch?v=BNj2BXW852g&feature=related