Lamben as tebras na estancia onde a vella maquina teclea con cansiño son palabras esquecidas do tempo. Todo é silencio, ata o negro corvo que noutrora remexía inquedo na pola do vello carballo, parece sentir a presenza das tebras que pouco a pouco van enchendo o oco deixado por a luz.
O mudo silencio da noite trae sensación de medo dun tempo xa vivido, doutra vida onde o silencio era abatido por a ledicia dos xogos infantís, agora mudos. Adormece a dona cansa dun día de trasfego entre un e outro lado do pequeno pobo onde nos movemos. Da xeira diaria que o pequeno horto lle reclama.
Xa a noite se apoderou do día e comezan a relucir os primeiros luceiros. Xa a estrela Polar chispea cara ó norte marcando o camiño aos que atrapou a noite. Dende un pequeno aparello contemplo a inmensidade celeste onde ¡quén sabe! Se outros seres que coma min se consideran vivos, non estarán intentando albiscar entre os milleiros de estrelas unha chispa de vida nalgún remoto lugar. Sentimentalismo outonal? ¡pode!

sentimento do outono, que invita o recollemento, a confidencia.
contachelo moi ben
un bico
O sentimento outonal ben dado por o tempo que cada quen ten enriba, sei que non é o caso, pero todo chegará.
Un bico amiga