a tódalas mulleres deste mundo

 

Un mal día pra historia este vintecinco de novembro no que recordamos a sesenta e catro mulleres, que perderon  a vida na man duns asasinos.

Mulleres! Homes! Persoas coa mesma ilusión cando xuntaron as vidas. Iguales en dignidade e liberdade, xente de ben en busca dunha felicidade que hai que gañar coa loita diaria.

Qué cambiou? Cal pode ser o terrible motivo que empurra ó maltratador a apagar unha vida? Onde esa capacidade de razoamento que se supón intrínseca á raza humana? So preguntas, difícil a resposta. Un motivo? ¡non pode habelo! Non pode existir unha desculpa pra aquel que mata, que quita unha vida e sementa a dor, en primeiro lugar, nos máis achegados, pero tamén ao resto dos semellantes.

Un día pra pensar, pra intentar atopar unha resposta a tanta dor, a tanta inxustiza, a tanta impotencia. Pra non mirar a outro lado cando vexamos ese abuso dos mais fortes, dos que se pensan donos das mulleres, porque noutro momento, pode ser esa filla á que tanto queremos, esa irmá ou esa amiga a que necesite esa axuda que todos temos obriga de dar.    

    

 Apenas hai palabras e unha é morte

Calella sen saída é outra:medo.

Chamámoslles muller,mais tiñan nome,

Como falar de espiña a dicir rosa.

 Todo foi un camiño cara o sangue,

O voitre e mais a pomba nunha casa.

          Marica Campo