Se deus non o remedia que imaxino, vai ser que non, este ano tan cargado de enfrontamentos políticos, desgrazas naturais, problemas aéreos e toda crase de noticias voas e malas, está condenado a desaparecer. Cousas poden ocorrer antes da súa desfeita total, entre elas, que a deusa fortuna teña a ben poñer os ollos en nos, que como dicía e creo, vai ser que non.
Quédanos algo deste ano no maxín, algo que pode cambiar ideas e transformar esta sociedade , a certeza de ser aqueles dados que don Pedro Calderón describiu en - El gran teatro del mundo- que remexidos no cubo da fortuna ocupamos o lugar que os - manda mais -nos indican. Sabemos por fin, que son os EU os que controlan aos monicreques da gran comedia pra que este mundo siga xirando no senso que mais lles convén.
Ninguén sabe como rematará a aventura de sacar á luz as miserias dos intereses humanos, as verdades escritas que nos son agochadas ao resto dos mortais. Como queira que sexa, e se deus non bota man, entraremos noutro ano coa mesma ilusión de sempre, atopar traballo algúns, saúde outros, amor todos. Desexando moreas de felicidade pra os amigos, coñecidos e mundo en xeral. Pra todos. Feliz fin de ano.

ASI ES QUERIDO QUEIXA, UN AÑO MENOS PARA MUCHAS COSAS
Y UN AÑO MAS QUE AMI SE ME CAE ENCIMA PUES CUMPLO
EL DIA 21 DE ESTE MES
FELIZ NAVIDAD, AMIGO......... UN ABRAZO
Amiga TERESA,recórdate que fuches ti a que entrou neste blog dicindo: aquí estou eu pra levantar ese ánimo: cando estaba en horas baixas. Non te vexo pensando que un ano che cae enriba, senon, que é unha nova experencia na longa vida que nos agarda, e que somos afortunados en seguir cumplindo.
Vaian por diante as miñas felicitacións por se non me recordo nese día.
Unha aperta dende a nosa terra.
jajajajjjj pois tamen e verdade, non son os anos os que me
preocupan son outras cousas que pasan o alrededor de un...
Como ultimamente a Coctelera que anda medio tola cos spam e
indo cada ves de mal en peor, ahoriña mismo non podo comentar
no meu propio blog... estou moi desanimada, e non sei moi ben
si esto se vai a merda dun a maneira definitiva
Moitas gracias po la felicitacion