Día tras día, os medios de comunicación se empeñan en presentarnos o lado escuro  da economía mundial, a parte mais negativa dunha globalización que no meu entender, é o logro mais grande da humanidade. Un sono que nunca pensamos alcanzar os da miña xeración.

A pesar de que, por regra xeral, tendo a resaltar o negativo, nunca esquezo a miña nenez de posguerra, nin os avances conseguidos por esta sociedade que, se ás veces parece insolidaria e xenófoba, cando chegan as verdadeiras dificultades, somos quen de superalas e sacar o mellor de cada quen.

Unha nova oportunidade se nos presenta, un novo ano que estou seguro, será o derradeiro desta baixa económica. Un regalo máis da natureza pra os que teñamos, ou teñan, a sorte de poder disfrutalo. Un máis pra recrearse na contemplación marabillosa de canto nos rodea, dunha civilización única neste universo próximo coñecido, un milagre que poucas veces recoñecemos, porque pasamos o mais do tempo enredados en cousas miúdas, cousas humanas.

 Quizá, neste próximo ano que estamos preto de comezar, e que de seguro prometeremos uns cambios que nunca facemos, debéramos incluír un importante, o de ollar máis a un horizonte que nos encerra e nos protexe, e pensar, que máis alá dese noso horizonte, existe un mundo cheo de semellantes con semellantes ilusións, que nos pertence a todos por o feito de nacer, que ese ceo que as relixións nos prometen, podemos facelo aquí, neste pequeno e marabilloso lugar chamado, terra.