¡ Chegaron os reis magos! Como sempre, cargados de recordos. Felices algúns, de amable morriña outros. Pra nos, como cada ano nesta data, outro aniversario nos trouxeron, desta, foi o trinta e oito, un mais de feliz convivencia que desexo pra todo o mundo. Moreas de recordos enchen hoxe a casa. Soan aínda, as risas nerviosas duns preciosos cativos que soñaron coa maxia duns reis, que por forza deberon existir.Sempre será a razón a que nos guíe, pero ninguén nos poderá quitar os bos momentos vividos, a ilusión dos nenos ante a maxia dos regalos. Ninguén poderá borrar o sorriso que permanece gravado no maxín.
Amañeceu escuro, orballa nas terras altas de Ourense, reina un pesado silencio nos pobos que semellan pantasmas. Medraron os nenos e houberon buscar noutros lugares o traballo, as cousas que a sociedade lles esixe pra vivir acorde á súa lei. Melloraron con respecto a nos, acadaron o seu sono, o noso sono, pero aquí, neste silencio, seguen soando recordos dunha feliz nenez que esperamos, nunca se apague.
As fotos , en branco e negro, mófanse insensibles dun -xa foi- que parece non ter existido, pero nos, sabemos que tal día como hoxe de fai moitos anos, soleado el, dixemos convencidos- ata que a morte nos separe. Ata os melancólicos acordes dos- Secretos, parecen formar parte deste morriñento día de reis.

Moitas felicidades!! E moitos anos máis de ilusións e bos recordos =)
E de paso... gracias pola maxia de todos eses días de Reis nos que fun durmir con mariposiñas na barriga e saltei de alegría ó espertar antes de tempo e descubrir que desaparecera a auga dos camellos e quedaran os regalos nos zapatos =)
Mmmmmuá!!
Noraboa por todos esos anos de feliz convivencia!!!
Bikiños
Outro bico pras dúas. Seguimos baixo esta choiva sin fin que fai medrar o encoro e impide ver unha estrela.