Rematou a festa popular, triste queda Sevilla mailos seus aledaños, tristes as cafeterías, bares e restaurantes onde se transmitían consignas de afecto e onde se especulaba sobre os posibles postos a cubrir, cando mandemos nos. Pero sempre nos quedará o recordo de irmandade entre iguais, as apertas diante da cámara de televisión entre don Xosé e don Mariano, candidato por designio dixital do que xa fora colocado por don Manuel utilizando o mesmo método.
Pensouse en todo, na imaxe, nos focos e na colocación do escenario, nos traxes e nas caras xoves que serían o telón de fondo; pensáronse as palabras máis axeitadas pra enaltecer ós propios e amedrentar aos alleos, falouse do mal que este goberno o está a facer e da necesidade de cambiar de muiñeiro- que non de ladrón- pero quédannos fundadas dúbidas aos cidadáns de a pé, de que este despregue de imaxes e xestos estudados non sexa máis ca iso, imaxe.
Porque do único do que non se falou, foi de solucións máis alá da pretendida e interesada falta de confianza que este goberno que- non o esquezamos, votado pola maioría de cidadáns deste país- parece que non xenéra; coa axuda interesada dunha oposición que leva mallando unha e outra vez, aproveitando cada ocasión pra falar de cinco millóns de parados sen aportar a mínima idea nin axudar a ningunha solución.
Agarrémonos ás promesas de cambio de rumbo, miremos cara ó Reino Unido onde entraron coa mesma forza de cambios, e preparémonos pra encher o peto dos que agora nos pintan un mundo en rosa e que mañá- e senón ao tempo- nos sacarán o pouco que nos queda ó tempo que unha e outra vez nos dirán- todo é culpa do anterior goberno que non soubo deixarnos a tempo este posto que tanto levamos desexado.

Querido Queixa, ya nada es lo que era...
Un abrazo
Cierto TERESA, nada es lo que era ni falta que nos hace, y mientras sigamos aquí, seguiremos dando la tabarra a los políticos que para eso pagamos los impuestos. Ahunque la verdad, es que solo desahogamos nuestras fustracciones, y siempre nos ponemos de algún lado a sabiendas de que todos buscan lo mismo.
Un abrazo amiga.
pos si, descoñesso tanto de politica coma de calquera outra cousa, pero folgame imaxinarte ahi escribindo a caron da chaminea, que mentras escribes nn andas por ahi facendo maldades,,,,,jajajjajaj
inda que nn entenda nada deso que dis dos politicos penso que vouche dar a razon
un biko
Non te preocupes NENO por non entender de política, cando sexas grande e teñas tempo libre coma min, serei eu o que comente no teu blog, xa verás.
Un bico