a claudicación dos paxaros
Milleiros de escuros merlos, de cantareiros xílgaros, de rebuldeiros gorrións, de intransixentes pegas e negros corvos, foron inseparables compañeiros do desaparecido labrego, e moradores das terras altas. Compartiron a fartura no tempo de colleita e a fame nos longos invernos de interminables neves.Á medida que as leiras foron quedando ermas do grao de centeo, da saborosa pataca e o doce grelo, foi mermando a poboación destes alados compañeiros. Claudicaron ó igual co home do campo. Rendéronse ante o ruxir do potente tractor e fuxiron ás terras produtivas, aquelas que produzan o transxénico alimento e dean cobizo ós insaciables e numerosos descendentes. Cando camiño por terras chas e sinto as súas falas ó abrigo dos piñeiros, estou seguro que recordan outros tempos máis felices, non por máis farturentos, senón por pasados, que añoran o cantar do humilde carro e do arado de pau.
Outros pequenos amigos que obtiñan o alimento das grandes niñadas, houberon de seguir a mesma diáspora ou perecer, e os que foron adaptándose a outra forma de alimento, aquel que proporcionamos os escasos habitantes, son apreciables trofeos para os cazadores de cidade que ao igual cos paxaros, fuxiron en desbandada buscando a sombra da industria, esquecendo os tempos da nenez, que senón mellores en abundancia, cheos desa preciosa inxenuidade que so no campo se atopa.
Os outros, os que se negaron a abandonar o terruño, entre os que me inclúo, vagamos nos recordos dun pasado esquecido e superado, formando parte dun territorio case salvaxe, sorprendéndonos mutuamente cando atopamos algún despistado corzo ou un zorro que busca ó prezado alimento baixo a terra erma. Ata os xeos campan ás anchas sen ser molestados por ninguén.




nofler dijo
me has dejado más que triste.....siento lo mismo....hemos acabado con todo , con la más bello y lo más salvaje, con lo que da de comer, con la cadena alimenticia, hemos destruido un paisaje y a sus habitantes que sólos arreglaban el ciclo de la vida, desde hace 50 años hemos agotado todo hasta la belleza...
Utrella!!!
3 Febrero 2011 | 02:16 PM