recunchos do meu pobo

Máis dunha vez levo pensado, que desta manía de coidar dos maiores  íanse arrepentir, e así está a ocorrer. Mentres o ladrillo producía pingües ganancias e os cartos pasaban diante nos- sen se deter na maioría dos casos- eramos importantes porque parecíamos un voto fácil, pero cando os especuladores deixaron de ganar e retiraron o capital en espera de tempos mellores,  velaí o meu vaticinio, fómolos  primeiros na lista dos recortes. Menos pensión, medicinas xenéricas, sostén de moitas familias, peso importante pra seguridade social, ata as viaxes do INSERSO nos foron recortadas.

Inquedo como son por saber, comentei co meu doutor- de cabeceira- sobre   estes sobresaltos aos que nos someten, e veu a confirmar de cheo o que sempre temera. Ó seu parecer, o recorte nas pensións era beneficioso para nos, pois segundo el, necesitabamos comer menos e esta era a mellor fórmula posible,(menos cartos=-comida=--colesterol). Encanto ás famosas medicinas xenéricas ou transxénicas , que ven a ser o mesmo, parece que  nos están utilizando coma cobaias pra proba destes medicamentos e así  matar dous paxaros dun tiro, todo vantaxes.   Teño pra min, que ata os médicos están comprados   pra facer limpeza entre a poboación patroníl e descargar peso, e senón, ao tempo.