lugares encantados 

 

Todo vai de presa, cada día espertámonos cunha nova noticia   que o día  anterior ninguén soñaría. Creo, que somo a xeración na que se deron, e se están a dar os  cambios máis grandes e máis importantes  de tódolos tempos. Asistimos quizá, á revolución máis grande que xamais se deu na historia  e que pode cambiar o mundo, oxalá sexa pra ben.

Dende sempre, ditadores e relixión en xeral, intentaron adoutrinarnos no medo, no sometemento ás leis que eles mesmos facían pensando na súa seguridade e permanencia. Agochándonos calquera idea filosófica que falara do ser humano único e diferente, libre pra pensar e desenrolar a vida acorde ó seu sentir, sen sometementos ás normas impostas por outros homes que se sentían donos de verdades absolutas,  amparándose  uns e outros na represión e na razón da forza.

¡Nada dura pra sempre!  O tempo maila nova tecnoloxía,van poñendo cada cousa no lugar que lle corresponde.Cada paso que da a ciencia, é un paso gañado de cara á liberdade. Xa non é doado agochar ideas criminais baixo a sombra relixiosa, xa poucos comulgan con rodas de muíño, porque as   tecnoloxías que petan en cada porta, tamén axudan a distinguir entre xustiza e barbarie.  Ou quizá, porque os espíritos de tantas mulleres mortas a pedradas no nome dunha lei criminal, dixeron- basta.  

 Onte  foi en Tunez en Exipto e Iemen, hoxe está a ser en Libia, mañá será en Arxelia e en Marrocos, pasado será Irán, e oxalá chegue ata Cuba.  Estamos asistindo á posta de largo dunha nova forma de pensar. O coñecemento comeza a derrocar á ignorancia. Oxalá que os mandatarios deste chamado -mundo libre- estean á altura  e saiban antepoñer as persoas ó petróleo.