Non podo nin quero deixar pasar este día sen me pronunciar, sen partir unha lanza en favor da igualdade efectiva, esa que iguala en soldo e categoría a tódalas persoas sen distinción de sexo. Quero ademais, porque tamén son fillo de muller, aproveitar a data pra recordar os sacrificios da muller desta nosa Galiza rural. A ela debemos canto somos, por ela, segue existindo este fermoso mundo rural no que o home de por si, non podería sobrevivir, porque ela, foi e segue sendo o núcleo central dentro desta difícil subsistencia.
Por dificultade técnica pasará este escrito á rede fora de prazo, pero non importa, porque de nada serviría recordar e denunciar as desigualdades ás que están sometidas as mulleres do mundo, nun so día, senón, reivindicar ese dereito tódolos día do ano, ata que esa igualdade sexa unha anécdota máis da nosa difícil historia. En recordo ás que sufriron a emigración a ultramar, e ás que hoxe viven entre nos, lonxe dos seus, vai ente fermoso poema da muller que amou a súa Galicia, Rosalía de Castro.
Tecín soia a miña tea,
Sembrei soia o meu nabál,
Soia vou por leña ó monte,
Soia o vexo arder no lar.
Nin na fonte nin no prado,
Así morra coa carráx.
El non há de virme a erguer,
El xa non me pousará.
¡qué tristeza!O vento soa,
Canta o grilo ó seu compás,
Ferve o pote.., máis meu caldo,
Soíña te ei de cear.
Cala, rula, os teus arrulos
Ganas de morrer me dan;
Cala, grilo, que si cantas,
Sinto negras soídás.
O meu homiño perdeuse,
Ninguén sabe en ónde vai..
Anduriña que pasache
Con el as ondas do mar;
Anduriña, voa, voa;
Vén e dime en onde está.

QUE GRANDE ROSALIA!!!!!
Utrella!!!
Certo NOFLER, hai cousas nas que todos entamos dacordo,
Un saudo