Á raíz da tremenda desgraza que están a vivir en Xapón, desátanse correntes de ideas de  tódalas crases, dende defensores das enerxías nucleares, ata militantes de plataformas que defenden a total eliminación das mesmas. Os outros,  os que non temos claro cal debe ser a enerxía do futuro neste mundo consumista, vemos con incredulidade o total esquecemento do que debería ser primordial-  os milleiros de persoas que levou o tsutnami- máis os milleiros que hoxe sofren polos que xa non están.

Seguimos día a día cheos de medo, os traballos que están a realizar pra enfrear o núcleo, mentres esquecemos á metade do pobo Libio que está a ser masacrado por intentar atopar algo de liberdade.

Estas reflexións lévanme a outro debate  - si, ou non, á instalación de centrais nucleares?- pra seguir pensando, que non é a conservación do planeta o  centro de tanta controversia, máis ben, o medo a poñer en perigo a supervivencia da especie humana, o medo á morte. Porque polo que estamos a ver, a natureza non necesita de ninguén pra se desfacer, ni pra desfacer o traballo humano de milleiros de anos.

É certo, que cantos menos perigos, mellor, pero tamén é certo, que estamos xirando a unha velocidade de vértigo nunha inmensidade sen fin, e sen gardas de tráfico. Que a só seis mil metros debaixo de nos, temos unha temperatura capaz de fundir calquera material coñecido, e que se cadra, pode votar esa lava na metade deste mundo rico e rematar con todo. Que á nosa estratosfera, achéganse obxectos capaces de crear o tsutnami que remate toda crase de vida, porque esta preciosa natureza que nos creou, tamén nos pode desfacer. Mentres tanto, pensemos nos que están enterrando aos seus sen saír na televisión, porque chegamos a tal grao de desfeita  moral, que o que non sae na tele, logo se esquece.