lúa chea, noite de lobos
Nas noites de lúa chea, cando o reflexo alumea as sombras máis estarrecedoras que perseguen ao ser humano, milleiros de trasnos se esconden tralas árbores, os penedos, e calquera obstáculo que reflexe a larga sombra da noite. Ouvea o lobo tras do penedo esperando compañía. Escóndense os nocturnos paxaros nos vellos castiñeiros fuxindo do forte refluxo, e ata as ánimas se converten en sombra evitando o enorme poder do nocturno astro.
Nunha desas noites, camiñaba eu na procura dunha tenreira escurridía que se negaba a durmir baixo teito. A pequena esquía que colgaba da cabeza parecía xogar co meu oído, canto máis me acercaba, máis e máis lonxe sentía aquel son amigo e máis me alonxaba das luces de carburo que desprendían as fiestras. Pasaron as horas sen me decatar perseguindo aquel endiañado son, camiñei ata perder a noción do tempo máis o camiño de volta, á medida que o cansazo máis o medo se apoderaban do meu corpo.
Foi tal o cansazo, que a pesares do medo que apremaba o meu peito tiven que me render e tomar asento entre enormes piornos que parecían bailar coa miña presenza. Pasou o tempo, cada vez me sentía máis cómodo e máis canso ata que perdín toda idea de volver ó pobo, deiteime naquel chan de follas secas á sabendas de que non estaba so, de que puidera espertar noutro mundo acompañado daquela morea de trasnos que falaban na miña testa, pero durmín.
Espertei escoitando o meu nome, homes e cans saíran na miña procura sen me atopar, foi coa amañecida, cando me atoparon durmindo a carón da pequena becerra que rumiaba tranquila e me ofrecía a súa calor animal. Dende entón, cando a lúa alumea a escura noite, paso as horas intentando descubrir o misterio desta namorada terrestre que tan preto e tan lonxe está de nos, e tantos misterios ofrece aos nosos febles sentidos. Sei que vos preguntaredes pola zurra que tiven que aturar, pero so vos podo dicir, que este é outro conto.

MOI BO ESCRITO QUEIXA, CANTO ME GUSTABAN ESTE TIPO
DE COUSAS CANDO ERA UNHA RAPAZA...
EU FORMEIME LEENDO ESTE TIPO DE COUSAS CANDO FUN
APRENDENDO POUCO A POUCO A XUNTAR AS PALABRAS
ERAN PRA MIN ESTOS CONTOS DE MEDO ALGO QUE ME TIÑAN
LOCA ¡UFFF... QUE TEMPOS AQUELES, COMO ME CORRIA
A IMAXINACION JAJAJAJ CASI TANTO COMO AGORA.
BICOS
Sabes TERESA, todos estes relatos teñen un pouco de imaxinación e moito, moito de realidade. Non sei se era a fame, o medo ou todo xunto, pero a verdade é que ata os piornos balilaban.
Unha aperta amiga