Qué farías,  me preguntou aquel home, se souberas que hoxe é o último día? Saíume así, sen pensalo: creo, dixen, que esperaría sentado, sen facer nada nin pensar nada, gozando do espectáculo. Agora, pensándoo ben, en frío, estou seguro de que iso faría, ollar caro ceo esperando ese final apoteótico, vendo e gozando do derradeiro capítulo dunha  interesante aventura  escrita polo seu protagonista. Un protagonista, que sempre espera o milagre, que agarda ó derradeiro minuto pra darse conta da súa nimiedade, que se agarra a calquera cousa pra seguir "sendo importante".

Quizá estea escrito nos noso xenes- desculpa común, cando  se trata de xustificar o inxustificable. Avaricia humana -diría eu- cando vemos a ditadores que esperan ó derradeiro minuto pra deixar a tan querida poltrona. Fidel Castro,  Sadam Huseín, Muhamar el Gadafi, e tantos outros que están esperando o milagre porque pensan que a eles non, as cousas ocórrenlles aos outros.

Hai unha pasaxe bíblica que esconde esta idea humana, quizá, porque haxa algo de certo na xenética, porque aínda estéamos en proceso evolutivo: reveláronse os anxos contra deus esperando acadar o seu poder: foi, a primeira batalla pola poltrona, unha batalla inscrita na ídea humana que xamais superamos. Quizá sexa nese derradeiro día, cando non haxa volta atrás, cando comprendamos a morea de barbaridades que fomos capaces de xustificar, poñendo espadas de fogo na man dos -anxos bos - léase mundo rico- pra xustificar un dos primeiros, e máis terribles pecados humanos baseados no poder, a morte.